viernes, 9 de octubre de 2009

GUIONIZA

zaida: demasiado libro de manual. demasiado fisico. non aprobeitan o soporte e o xogo que este poderia dar.

coucheiro: pareceme que non deberian elixir este tema para a creacion da páxina. porque non ten moito sentido para min poñer tanta informacion, tantas ideas, particulares, nunha paxina. deberian molestarse mais, creo, en explorar as posibilidades tecnicas enon darlle esa inportancia a contidos, tan bos, polo demais.

Wonderful 5

Encántame a páxina principal e a facilidade de acceso que esta presenta. unha vez xa na web, o deseño non me gusta tanto sendo todo demasiado oscuro (xa sei que diso se trataba). Por outro lado, e en canto aos contidos, debo decir que o tema está demasiado desaproveitado e, en xeral, moi pouco traballado; xa que é un tema que da lugar a varios apartados e a moita orixinalidade.

OITENTEROS

ENCÁNTAME ESTA PÁXINA (cocuheiro)

é que ten que gustar... unha estetica mais ben escasa e un deseño moi basico, quizais. non nos gusta en absoluto neste aspecto. pero os contidos, ainda que non moi elaborados, captan enseguida xa non a atencion, pero si a curiosidade durmida. carreira esta a dicir que é infantil, pero ten moito sentido que a identifique tan ben, non credes?

Ao límite

A páxina principal creo que está tamén un pocuco recargado, pero sen embargo creo que non lle sobra nada. É unha idea boa e orixinal que saben aproveitar.

Por outro lado, creo que hai un desbaraxuste xeral en canto aos apartados. Creo que tiñan que estar máis claras as opcións que te poden levar a outros contidos e diferencialos mellor daqueles debuxos que unicamente son decorativos.

ARTESALA

ademais de coñecer a certos indivi¡duos que pululan pola paxina, parecenos que os contidos estan realmente moi elaborados, e desprenden moita orixinalidade. merece a pena destacar os montaxes das pelis e os resumos dos libros. quizais non fora moito o traballo e si mais os eidos que poderian tocar; pero, desde logo, a paxina e moi amena en canto a temas e deseño.

Minimalab

Empezo pola páxina principal por razóns obvias. Nun principio parecía orixinal, pero cando vin que a páxina rematou de cargar e o diseño non variaba, paréceme bastante aburrido, por dicilo dalgún xeito.

Gústame a temática, das artes: música, pintura, escultura...
pero en xeral debo dicir que escasea bastante en canto a contidos e profundización dos temas.

Zapa

Zaida. Para empezar bástame con recorrer á entrada anterior, na que comentamos sobre o recurso da música nas páxinas web, e sobre a facilidade que aporta ten un esquema básico e coñecido por todos sobre o que comezar a traballar.

coucheiro: reitero o que di Zaida. Recoñezo que a estética me gusta, sobre todo a da páxina de inicio (moi lenta en cargar, por certo), pero creo que hai partes como o foro ou as noticias que presentan unha carencia absoluta de contido e de bo funcionamento. ademais , creo que o traballo individual presenta non máis ventaxas pero si máis facilidades.

Ken and the dolls

Visualmente é unha páxina moi apetecible. Dende un primeiro contacto apréciase a orixinalidade da mesma. Agora ben, de catro páxinas que levamos comentadas, esta é a segunda na que se recorre á idea dun grupo musical. Isto parécenos que aporta unha facilidade ao traballo, no sentido en que o esquema de páxina web está dabondo esteriotipado.

Tutti frutti

Zaida: comezo pola parte boa. Gústame o contido, é ameno e moi variador e podes atopar de todo dentro da páxina: comentarios, videos, fotos, letras de cancións, entrevistas... Pero en canto ó diseño teño que decir que a min personalmente non me gusta. Teñen o mesmo problema de espazo que a primeira páxina que comentamos, reducíndose unicamente a aproveitar unha parte da pantalla.

Patricia: pois eu vou empezar pola parte mala, porque me proe, bastante. entendo que, "Jabalí club", que non merece estar nin entre comiñas, será o nome que recibecerto garito de Puerto del Son, ou unha asociación de veciños de Panjón. Lucía, espero que esto que vou dicir non dane os teus sentimentos, pero creo que a mirada da mazá que está á dereita abaixo é o máis bonito que ten esta páxina (xa sei que a ti che gustaría máis a piña). Ademais do que di zaida do raro aproveitamento da pantalla, tamén admito que os contidos son moi variados, a idea é orixinal e o traballo fácil de apreciar. Cando veñan dar un concerto al Obradero, gustaríame asistir.

Que te quero

Patricia: Aínda que creo que o motivo é concordar a estetica co tema que tratan, creo que o aspecto da paxina web pode resultar bastante recargado. Sen embargo, debo admitir que, se ben o tema é bastante recorrente e se dedican demasiado ao amor fácil, a páxina é amena en canto a maneira de navegar por el.

Zaida: Estou de acordo con Patricia en canto a que o diseño da páxina é demasiado rococó. Pareceme orixinal a maneira de acceder a cada apartado. Pola contra, en canto a contidos, recordame demasiado as revistas tipo Super Pop, ou similar. Creo que poderían sacarlle máis partido á web engandido enlaces ou máis imaxes e vídeos.

Cremos que á nosa compañeira Abarrategui lle suporia un duro golpe comprobar que Jose podería ter a identidade dunha parella imaxinaria, como indica o test numero 8 da páxina.

Radioactivos

Parecemnos que conta cun diseño moi orixinal e de moi claro manexo; ade
mais de ofrecer a posibilidade de acceder comodamente a diferentes páxinas que abarcan gran parte do sector.

Sen embargo, eu (Zaida) creo que desaproveitan bastante o espazo ocupando practicamente so a metade da páxina. E Patricia opina que está bastante limitada en canto contidos, xa que soluciona este aspecto, en gran parte, creando enlaces a contidos alleos.

jueves, 8 de octubre de 2009

PREGÓN:

moi boas trouleiras e trouleiros,
benvidos ós que son d'aqui ou veñen á festa
achegádevos ó torreiro e votádenos a primeira regueifa!