sábado, 23 de enero de 2010

UNHA GRAN TROuLADA: O RETOQUE DAS IMAXES


moi boas festeiros e un saudo especial aos ramistas que nos deleitaron coa súa festa photoshop.

nin que dicir ten que, ainda sendo xa conscientes desta realidade, sempre sorprende e cabrea un chisco saber que a parafernalia cada vez ten menos limites.

a exposición estivo moi lograda. non deixaron ocos libres e o tempo pasou rapidamente debido á amenidade. a inclusión de numerosas fontes audiovisuais axudou a isto, ao tempo que potenciaba a explicacion. ainda que cremos que os contidos poideron haber sido máis amplos, cremos que a todos nos quedou moi claro as diferentes posturas ante esta realidade, exemplificadas moi ben tamén gracias á entrevista co profesor vaqueiro.
houberanos gustado que a antrevista tamén se poidera ter visto en formato video, pero comprendemos que vos pediria dereitos de autor.

a algunha de nós, pareceulle que o exemplo da señora maior era un pouco irreal, non estaria tamén tratada con photoshop?

ai o deixamos

jueves, 21 de enero de 2010

Festa do cuestionamento da SGAE XD

Noraboa pola festa de Cibrán, Paula, Laura e Olalla

Moi coherente o voso inicio: dando definicións concretas de termos relacionados co que logo iriades a referir.
Un tema interesante pola súa vixencia.

Varias preguntas
Precisamos que exemplifiquedes o do canon para entendelo mellor
Queremos aplicar creative commons á nosa web ¿como temos que facer?

Varias aportacións
Estamos acorde con que a industria precisa unha renovación para evitar o problema co que se atopa.
A nova ley antidescargas, na nosa opinión, roza a censura e ao mesmo tempo, parécenos cínica, posto que se sacas os contidos que che piden, non pasa nada e se non, medidas cautelares. Se estiveras facendo algun mal, xa o terias feito. É contradictorio. Así, non se acaba o problema. Ademáis, ollo, internet pode sacar beneficios á hora de comprar cds, pero por outro lado da beneficios porque serve para dar a coñecer e dar pé a que algo che guste e compralo.

Gustarianos saber qué pensa a clase disto, de que nos poidan cerrar estes blogs por exemplo.


Pensamos que a xente só compra un cd cando algo lle gusta de verdade, porque están moi caros.

En canto ao de Iván Ferreiro, nós discrepamos con vós pois cremos que o culpable sería o que roubo o master, non os outos dez que o escoitaron logo de ser roubado.

Anécdotas

Na nosa obra, Só vostede e máis eu, tivemos que lidiar con Ramón Griffero polos dereitos de autor. Como é latinoamericano, mandamoslle un correo e solicitou información sobre nós e demáis e a garantía de que non tiñamos ánimo de lucro.

O grupo extremoduro , fixo o seu primeiro cd co diñeiro que lle deu a xente. Antes de podelo sacar, tiveron que pedirlle mil pesetas as persoas que vian co gallo de poder sacar o cd e apalabrandolles o disco.

miércoles, 20 de enero de 2010

A troulada de hoxe: A Animación

Pareceunos moi interesante a principal diferenciación que fixestes entre os debuxos animados, o stop motion e a animación dixital. Todas diferentes, pero sempre compenetrables. No caso do stop motion, algo que nos tocou a nós persoalmente o ano pasado no traballo de escrita, cando falamos da adaptación de A flor máis grande do mundo (adaptación de Pablo Etxeberri, nomeado no voso traballo).

Gustounos moito a idea de facer o video como exposición; pero sobre todo a cantidade de exemplos cos que enriquecestes o voso traballo. Houbo un pequeno momento no que o son non era de todo bo, pero pasou desapercibido, xa que as imaxes cautivaron toda a nosa atención.

Quizais, dende o meu punto de vista particular (Zaida) o exemplo de Tim Barton: Vincent foi demasiado longo, bastaría cun pequeno fragmento para exemplificalo.


Non nos quedaron moi claros os 3 modos de facer en Flash a animación en 3D.

Chamounos a atención tamén, o feito de captar os movementos dunha persoa mediante un sensor e aplicalos despois á animación.


Por outra parte, quero expresar a queixa de todo o grupo, pero en particular de Lucía Abarrategui (fan numero 1), de non poñer un maior exemplo de Toy Story e de tratala moi por riba, cando todos consideramos que é unha película pioneira.


Polo resto, moi correcto, entretido, ameno e didáctico; supoño que todo o que debe conxuntar unha exposición deste tipo para ser efectiva.

un saúdo das festeiras