miércoles, 11 de noviembre de 2009

O QUE LEVOU O PREMIO

Tras esa reunión da comisión, e despois de presentar ese acta, quedou no tinteiro a resolución (que non está reflectida na entrada anterior).

Se levades a vista tres entradas máis abaixo, veredes a invitación á obra de teatro do grupo Mequetrefes. E se temos un grupo, cun blog, e que fai o mellor teatro que sabemos, ¿por qué non aproveitar esa idea? Así que dúas das participantes dese grupo, e a intérprete que os acompañou co seu violín, crearán iso: a web do grupo Mequetrefes.

Que quede constancia de que o grupo está formado por tres persoas, esa terceira (Estevo) axudará e opinará como peza imprescindible que é no grupo, será un colaborador externo.




aí queda iso

ACTA DA COMISIÓN DO 4 DE NOVEMBRO

acta da reunión da comisión de festas do pasado 4 de novembro:

Obxectivo:

1-Facer propostas para a elaboración dunha páxina web.
2-Das propostas anteriores, elixir á que máis se adecua ao noso interese, público obxectivo...


Desenvolvemento:

1-Adicar unha web aos profesores da nosa facultade
contras: sobriedade que implicaría a dita páxina e moi pouco marxe de creatividade, así como moi alto de documentación.
pros: interesante elaboración e difusión e estructura clara.

2-Facer unha web interdisciplinar chea de contidos multimedia.
contras: sería unha páxina que levaría moito tempo manter e ademais é moi abstracta
pros: debido a esta abstraccións ofrecería moitas e moi variadas posibilidades de enfoque

3-Personal branding: web propia da nosa quinta como comunicadores audiovisuais
contras: xa hai outro grupo que o fai, agardamos que o desenvolvan felizmente.
necesitariamos moita colaboracion por parte dos compañeiros
pros: sería un bo recordo, de moita utilidade e moi agradable de facer

A COMPETENCIA (pero non hai festas coma a nosa)

www.our365.com: 7
parecenos unha paxina moi ben deseñada e que ademais conta cunha ferramenta moi util: tour, que nos permite coñecer as aplicacions e posibilidades que ofrece este sitio web.

www.google.es: 8
que dicir desta paxina? como todos sabedes é unha paxina moi practica, punto de partida para navegar por todo o sistema da rede. o deseño e sinxelo e, debido a iso, accesible a todo publico obxectivo.

www.monster.com: 4
é unha páxina estéticamente atractiva pero non demasiada clara no tocante á súa funcionalidade. se profundamos un pouco mais nos seus contidos, vemos que é unha páxina moi ben estructurada e certamente útil.

www.simppa.fi: 8
é un sitio web realmente preciosista. á primeira vista deixa un poucio descolocado, basicamente polo contido. e unha area moi delemitada e persoal, ao igual que o seu deseño que, por certo, nos encantou. destacar o enlace que ten co blog, aspecto que permite profundizar no significado da paxina.

www.marumushi.com: 3
é moi complexo identificar a estructura da paxina, polo cal non nos incitou á súa exploracion mais minuciosa; ainda que intuimos, polo seu sobrio deseño, que é unha páxina na que predomina o seu contido.

www.csszengarden.com: 4
o deseño é moi coherente co contido pero parecenos que unha paxina base non deberia conter semellante cantidade de texto, porque esto complica moito o acceso ós apartados e bota un pouco para tras.

www.neuronilla.com:8
é unha pena que, con un deseño tan suxerente e atractivo a paxina teña defectos, ao noso parecer, como: unha principal tan extensa e con tanta informacion para ser a primeira coa que o ususario se atopa.

www.rosamunoz.com: 7
para ser unha fotografa e, entendemos, esperta en imaxe, a paxina poderia ter unha calidade estilistica moito mellor. sen embargo hai que recoñecer que a estructura da mesma é moi clara e facil de acceder.

lunes, 9 de noviembre de 2009

Só vostede é máis eu, unha obra ben diseñada

Como finalistas da especialidade de teatro do programa gzcrea, o grupo Mequetrefes actuará ante xurado o día 1 de Decembro ás 19.30 no Ies Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, rúa San Clemente, 3.
Estades todos e todas convidados a esta festa, Zaida pon a música co seu violín e Lucía, Patricia e o noso compañeiro(inda que non de blog) Estevo Azañón.



Deixamos colgado o cartel da obra, deseñado pola nosa compañeira Cristina.