miércoles, 9 de diciembre de 2009

O conflito de internet extensible ás redes sociais




Pareceume moi interesante o debate ó que deu pé o traballo dos nosos compañeiros Diego, Boris e Caterina: as redes sociais e a súa cuestionabilidade.

Todos sabemos que internet é unha ferramenta con multitud de ventaxas, moitos de nós non saberíamos vivir xa sen él porque ten tantas utilidades que xa se converteron en necesidade.
Pero tamén sabemos que non é todo benévolo en internet, a rede ten os seus inconvenientes e os seus perigos e o mesmo pasa cas redes sociais.

As redes sociais teñen a principal virtude da comunicación, as persoas coñecidas comunícanse e á súa vez coñecen a outras personas que, se cadra, poden ter cousas en común e polo tanto pódense facer extensible os gustos e aficións de un, ten aplicacións democratizadoras polo que atañe, por exemplo, a difusión da música dun grupo de amigos, ou dun corto, ou dun poema poño por caso.

Pero penso que o perigo reside na protección dos datos, ou mellor dito, na non protección dos datos e do acceso a estas redes por parte dos menores de idade (acceso irregulable ata o momento, pois é un asunto moi complexo de abarcar).
E é que as redes sociais, a pesar de seren un circulo cerrado: teñente que invitar, agregar, podes facer que quen non este agregado non vexa as túas cousas... unha vez entres nese circulo (por outra parte, moi fácilmente) podes obter moitísima información sobre a vida dos demáis (que por lóxica deberían ser conscientes do que fan pulular pola rede).

Ademáis, ao marxe destes perigos e das virtudes parécenme moi absurdas as relacións que se texen nestas redes.

Reivindico o correo e o correo instántaneo!!! O msn e o correo hotmail, por exemplo, semellan moito máis rentables, penso.

Por último, afilióme a protesta de Patricia: borrarse do tuenti é tarefa odiseica.


saúdos

Lucía

dúbidas festeiras sobre a calidade dos contidos web?

Ola festeiros, na festa do outro día xurdironnos algunhas pequenas dúbidas:

¿que opinades sobre a idea de youtube de remunerar alguns dos contidos que porporcionan os usuarios?


¿Cal é a meneira máis comun de medir a satisfacción do usuario: enquisas...?



non nos quedaron claros tres termos:







¿Que é a normativa wai (ou algo así)?
¿que son os jeaws?
¿Que son os cheklist?

-O tema da exposición era interesante pois coñecer o mal deseño dunha web nos da pistas para non cometer certos erros malia que cremos que o grupo tería que ir mellor sincronizado na exposición porque as diapositivas son un arma de doble filo, se non se adecúan, se non sirven de apoio ao falante e ao receptor... e neste senso foron pasadas moi rápidamente!



-Pareceunos moi interesante o exemplo que puxechedes ca facilidade de meter "gazapos" na wikipedia o que nos recorda que non todo o que di internet é certo. Porque cremos, que se os nosos avós creen que o que sale na tv é todo certo, aos xóvenes parécelles que o que está en internet é sempre verídico e vemos que non.

Moi ilustrativos tamén os exemplos das páxinas web mal feitas, sobretodo aquela de cores chamativos e sonido insoportable.



Saúdos.

festa da Comunicacion Visual

Xa sabemos que con un pouco de demora, pero aquí estamos. Hoxe tócanos comentar a exposición sobre a comunicación visual. Quedounos, polo menos pola miña parte, moi claro que é moi importante a elección da cor, e que para iso hai unha paleta de cores. As cores chamativas case nunca funcionan para unha páxina. Ademais das cores, tamén é moi importante a textura.

Tamén quedou remarcado o feito de que a páxina debe ser un todo, de xeito que se suprimes algo, se modifique todo o significado.

Quizais a exposición no foi todo o acertada que debía, pero recoñecemos que era un tema moi amplo polo que algunhas cuestións tiñan que ser tratadas moi superficialmente.

O noso grupo, ten unha dúbida sobre un concepto, o problema e que o anotamos e esquecemos onde... agradeceríamos a ese grupo que colgase o seu traballo para poder acceder a ese concepto e así despois poderlle preguntar polo seu significado.

festa do 9 de decembro: usuario e redes sociais

pareceunos que o tema se podía explotar un pouquiño máis, sen embrago a exposición foi clara e moi productiva. tocáronse puntos moi importantes que debemos ter presentes á hora de crear a nosa páxina web e que moitas veces pasamos por alto (doado de atopar, desexos do usuario...).

en canto a segunda, foi realmente dinámica e entretida, entre outras cousas debido a que é un aspecto co que case todos nos sentimos moi relacionados. quizais foi un tanto superficial pero creo que o tema, por unha parte, tamén o é. botamos en falta unha, tan sequera, mínima alusión ó aspecto da legalidade destas páxinas e ó tratamento da información, como xa vos propuxeramos anteriormente no blog cando nos pedirades axuda.

por outra banda, e posto que marita nos dixo de comentar un pouco que tipos de redes empregabamos, direi (agora xa como patricia coucheiro), que eu , persoalmente, tratei de borrar a miña conta de tuenti e, con moito esforzo, logrei desligarme desto que o grupo chamou ferramenta de comunicacion (hai xente que non se entera das cenas de clase); comunidade (elimínase o camiño de coñecer ao outro, como se vai crear unha union); e cooperación (supoño que se refirirá ó tema de "todos con marta del castillo", en fin).

destacar o tema de redes sociales de empresa, non recordamos exactamente cal era o nome, como algo realmente util e, supoño que, unha rede social é outro servicio máis á sociedade pero eu creo que se o cor azul se asocia coa relaxación, mellor sería ir dar un paseo).