miércoles, 25 de noviembre de 2009

DÚBIDAS SOBRE OS APUNTES

Xurdiron dudas sobre...
1. Na anatomía dunha letra a modulación, non acabamos de entender o que é realmente. ¿refírese á posibilidade de usar cursivas e por conseguinte a angulación posible acadada por elas?
2. ¿Que son os filetes? (p-5)
3. Ná páxina 6, ven por titulo Escaneo del texto, o que segue son indicacións para mecanografar ben o texto, refírese a eso?¿que son os nodos, cal é a súa función?
4. No tema 4, A programación no servidor onde se fala de tecnoloxias para a creacion de paxinas HTML, fala de interfaz e de distintos interfaces creados por microsoft, microsystem. Cremos que é complexo de entender que é un interfaz e o que xira no seu entorno.É dicir nos gustaría, unha explicación sinxela do cadro titulado Resumo linguaxes Web
5. Ramén nso gsutaria unha explicación que enlace o esquema que ten por titulo Web 2.0 Mapa
6. A imaxe dixital, a paxina dous xa son palabras maiores termos que a todos nos soan pero que realmente non acabamos de entender: formatos, modos de color, canales alfa, compresión e as súas cifras.
7. O son. Nocións básicas. Todo o que ten que ver aqui con cifras e Hz e estas cousas resultan complexas de entender, non sabemos se iso é relevante ou o que hai que saber e é máis importante son definicións de son, timbre e amplitude máis que saber o cadro dos valores estandares de frecuencia e resolución.

En definitiva, escapasenos da man todo aquilo que ten unha compoñente máis práctica e que ten que ver con números e conceptos descoñecidos.

1 comentario:

  1. Modulación. Inclúo a seguinte dirección para que vexades cun ejemplo o que é a modulación ou inclinación dunha letra. Non ten nada que ver cos estilos dunha familia tipográfica. A referencia está ó final da páxina.
    http://www.imageandart.com/tutoriales/tipografia/anatomia_del_tipo_1.htm
    Filetes. Son recursos tipográficos, liñas de distintos grosor que se usan como separacións, recadros de fotos, ou similares que enfatizan partes do deseño.
    Escaneo. É o que se suele facer na web fronte a un texto. Non se lee exactamente, buscando palabras que me digan se me vai interesar o que estou vendo. É unha maneira de visualizar os contidos, con rapidez, para advertir se hai algo de interese. É como hojear unha revista. E o que sigue son indicacións para ter en conta cando escribimos un texto para a web.
    Nodo. É un elemento primordial no hipertexto. O nodo pode ser unha palabra, unha letra, un icono, un signo, un símbolo, etc. Un elemento referencial ó partir do que se poñen en marcha os enlaces. Ambos elementos constitúen a estrutura esencial do hipertexto.
    Interfaz. É a estructura de toda páxina web. É co que interactúamos. Cada páxina, cada programa aínda que se parezan, teñen unha interfaz propia. A distribución de menús, como se visualizan as accións que se desenvolven en cada programa ou cada páxina web. Flash ten a súa propia interfaz que é a estructura coa que traballamos e que para que funcione ben ten que ser intuitia, que atopemos as cousas con rapidez.
    Mapa Web. Está respostado noutro blog
    A imaxe dixital. Agardo que cando traballemos coas imaxes poidades aclarar algo máis as cousas. Pero formatos, modos de color, canales alfa, compresión e as súas cifras son aspectos técnicos propios. Formatos e modos de cor, son formas de traballar coas imaxes. As canles alfas sirven para gardar seleccions nos programas de edición de imaxes. Están vencellados ó traballo con imaxes de mapas de bits. Imaxino que en fotografía estas cousas as mirastedes. Son unha dimensión algo profesional.

    ResponderEliminar

PARRAFEOS