Parabéns CAVS, fixemos un bó traballo.
FRIKISPORTS
Na miña opinión, estos deportistas merecen un 6,5. a súa web é sinxela mais está ben estructurada e o seu deseño cumpre a función para a que foi concebida. Creo que está moi ben que poñan un test para amenizar o contido xeral do lugar.
BANG
O deseño desta páxina web, bastante sobrio (acorde coa temática), paréceme moi atinado. Especialmente, gústanme a estructura das fotografías, aínda que creo que terían que pasar máis despacio. Unha das cousas que máis me chamou a atención foron os botóns en forma de pistolas. e, por suposto, o vídeo. Un 7,5 bang para vós.
REVOLUCINE
As subpáxinas ás que conducen os botóns é o que máis me gusta da páxina, en materia de estructura e contido. Sen embargo, a páxina principal penso que ten unha estética demasiado publicitaria (os fondos dos botóns, a animación verde...). T amén me gusta que haxa que pinchar no título para entrar e en especial Tiersen de fondo inda que non sei se será a música máis apropiada en consonancia co contido. Un 7.
MALDÍA
A páxina é sinxela pero está moi ben acabada e determinada, todo funciona correctamente e a estética é totalmente coherente. O único que creo que lle falta ao deseño é algún elemento que dinamice un pouco a estaticidade da mesma. 7.5
AS TRES EN PUNTO
Tendes unah páxina cunha estética moi preciosista pero esto non é todo, senon que sodes prácticas e a empregades cun fin, polo tanto ten utilidade. Creo que está moi ben, porque tres artistas como sodes tedes que coidar moito o desexo da mesma, non podería ser menos. Outra das cousas que me chamou a atención é os videos, a montaxe, creo que están moi ben.Por outra banda, a estaticidade do texto vese dinamizada polas fotos que se moven. Gustoume especialmente, creo que é sinxela pero bonita, artística pero práctica. 9
NEOTERISTAD
Entro na páxina e teño que premer o debuxo, eso está ben pero penso que debería estar centrado e só ca cita, sen a chama ( que é a que a simple vista semella que hai que premer). Un bó detalle o de cargando... Creo que está ben documentada pero a estética non me cadra co pretexto publicitario, demasiado sobria e estática para tal fin. Un 6,5
AS DE CORAZÓNS
Todo funciona correctamente, un acerto colgar o programa de radio, estética sensacionalista acorde ca temática (as vosas fotos provocativas, os debuxos da web...) e cun ton de humor (os videos) e de diversión (o xogo) que inda que non teña uns grandes gráficos valoramos proque sabemos o complexo que é o flash e ademáis tamén é coherente co contido da páxina(os corazóns e o humor).
Un 7.5
MADRE SELVA
Que unha mariquiña pida que non a extermines nunha web de xardinería ecolóxica e sintoma de coherencia, amenidade e dinamismo e facer isto con tal publico obxectivo e nicho de mercado é moi interesante. Bó diseño e funcional. 8
CHITA FAN CLUB
O que máis me chama a atención son os botóns de chita e a coherencia da páxina, todo é chita, o "merchandaising" ao completo. Creo que lle falta dinamismo, algún xogo de chita, claro, algunha animación que faga atractivo un tema que non é demasiado comercial. 6
TRANSPORTES GESTEIRA
A páxina está correcta. Está ben o detalle dos camións que hai que pinchar. Non entendo moi ben a estética da cabeceira, creo que resta homoxeneidade ao diseño da páxina. 7,5
DEPORTE NO ES SÓLO FUTBOL
Un título atractivo, penso que a idea estructural da páxina e os contidos están ben inda que creo que a web pide unha páxina inicial distinta inda que fora unha imaxe que se pinchara para entrar. O mapa debería estar nunha subcategoría. O fondo non me cadra co contido. En xeral creo que a estructura e boa, o detalle dos xogos sempre é un puntazo, tamén o do mapa. 6,5
MEQUETREFES
Claro, como valorar a páxina propia é complicado ser obxectivo porque sempre vas ter en conta o traballo que hai detrás, os problemas que pasamos etc.
Eu estou satisfeita ca nosa páxina, porque ten un contido real e moi práctico, o noso grupo de teatro que ata agora só contaba cun blog. Ademáis creo que está ben estructurada e a estética cadra perfectamente co grupo. Gústame especialmente o vinculo de monigotes (sinónimos de mequetrefes) co noso curriculum propio, os menús desplegables (que fixeramos en flash e o final non poidemos incorporar pero quedaron ben de todas formas) e a estructura en sí, moi funcional. Quizabeis faltalle algo de dinamismo.
8.5
SETEVALAOLLA
Só puiden acceder aos test, cousa que creo que está ben para este tipo de páxina e o seu público obxectivo. Os demáis enlaces non me funcionan. Gústanme as cereixiñas da dereita ca hora. Fáltalle dinamismo. Non podo valorar moi ben ao non poder acceder aos apartados pero supoño que solucionando o problema dos links un 5 teríades.
MASTERCAV´S
Gústame especialmente polo contido de feito nós tiñamos en mente nun principio facela desa temática. É unha cousa que nos implica a todos e, ademáis, penso que está ben. O detalle da baralla, o nome, os videos. Todo funciona ben. O único que creo que debería haber máis material (os programas de radio, os videoclips, e sobretodo faltan curriculums!) pero supoño que se trata de falta de tempo, imaxino que o iredes subindo.
8.5
SMDb
Creo que a páxina está lograda, orixinal o de ir premendo as letras e que cun sonido sae texto e foto. A verdade gústame moito pero creo que lle falta algo máis, estaría ben que iso fora a páxina de inicio e levara a máis contidos. 8.7
Lucía Abarrategui
miércoles, 14 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O título "atractivo" costou atopalo, porque tiñamos outras opcións a escoller. Aínda así, pensamos que é acertado.
ResponderEliminarÉ certo que a web pide a gritos comezar cunha animación flash. Non obstante, había voces que nos dicían/aconsellaban que non a fixeramos; voces que non se atopaban na nosa cabeza.
O fondo non é do agrado da maioría dos comentarios que estou a ler (por non dicir de ningún). Non é moi bonito, non é moi estético.
Pero se nalgún momento da nosa vida temos que facer outra páxina web, non o volvemos coller nin cunhas cantas copas encima.
¿Qué fallou? Posiblemente, lle demos maior importancia aos contidos e a os enlaces que á estética. Tomaremos nota para futuras webs
D. Antonio, O Recuncho dos Lacazáns