miércoles, 20 de enero de 2010

A troulada de hoxe: A Animación

Pareceunos moi interesante a principal diferenciación que fixestes entre os debuxos animados, o stop motion e a animación dixital. Todas diferentes, pero sempre compenetrables. No caso do stop motion, algo que nos tocou a nós persoalmente o ano pasado no traballo de escrita, cando falamos da adaptación de A flor máis grande do mundo (adaptación de Pablo Etxeberri, nomeado no voso traballo).

Gustounos moito a idea de facer o video como exposición; pero sobre todo a cantidade de exemplos cos que enriquecestes o voso traballo. Houbo un pequeno momento no que o son non era de todo bo, pero pasou desapercibido, xa que as imaxes cautivaron toda a nosa atención.

Quizais, dende o meu punto de vista particular (Zaida) o exemplo de Tim Barton: Vincent foi demasiado longo, bastaría cun pequeno fragmento para exemplificalo.


Non nos quedaron moi claros os 3 modos de facer en Flash a animación en 3D.

Chamounos a atención tamén, o feito de captar os movementos dunha persoa mediante un sensor e aplicalos despois á animación.


Por outra parte, quero expresar a queixa de todo o grupo, pero en particular de Lucía Abarrategui (fan numero 1), de non poñer un maior exemplo de Toy Story e de tratala moi por riba, cando todos consideramos que é unha película pioneira.


Polo resto, moi correcto, entretido, ameno e didáctico; supoño que todo o que debe conxuntar unha exposición deste tipo para ser efectiva.

un saúdo das festeiras

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PARRAFEOS