Pareceunos moi interesante a exposición dos nosos compañeiros marsicadores, xa que realmente trataron un tema que nos incumbe moito a todos nós, pero que semella estar agochado e que pasa desapercibido.
O que non nos quedou moi claro de toda a exposición foi o motivo de que os títulos de crédito de Vértigo fosen un paradigma. agradeceriamos que nos resolvesen a duda.
queremos resaltar o que dixeron sobre a película El Orfanato; e ademais, quedámonos coa dúbida de cal era a película á que se supón que plaxiou os títulos de crédito
gustounos, supoño que pola parte que nos toca, a relación que fixeron cos logotipos; e queremos resaltar a aparición do star system e da importancia que adquiriron os títulos de crédito cando comezou a aparecer a competencia. Ademais, chamounos a atención o símil que fixeron entre títulos de crédito e logotipos; dicindo que estas convertíanse en marca e en identificación; coma no caso de Woody Allen.
Por outro lado, queremos tratar o tema do problema dos diseñadores, como dixo Olalla, moitas veces sae nomeada até a secretaria que leva os cafés, e non o que diseñou os títulos.
a mi, persoalmente, e por aportar algo máis, gústanme especialmente os títulos de crédito de Road to perdition
Para finalizar, pedirvos se podiades profundizar un pouquiño máis no aspecto no que falastes da importancia do "wanted" dos westerns
grazas
miércoles, 13 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
moi boas trouleiros!
ResponderEliminarquero sumar unha pregunta que me xurdiu persoalmente con respecto ao traballo dos mariscadores: cando nun filme os titulos de creditos van totalmente unidos, debido a que están inseridos xa na propia pelicula, nunha escena do filme, podemos considerar que o profesionalgrafico pode influir no desenvolvemento desa seuancia?
Moi boas festeiras.
ResponderEliminarEn primer lugar dende as altas mareas alegrámonos de que vos parecera, canto menos interesante a nosa exposición sobre os títulos de crédito.
Intentarei resolver da mellor e máis sintética das maneiras as vosas interesantes cuestións.
Os títlos de crédito de Vértigo son un punto de inflexión na secuencia de obertura dos filmes. Por un lado, porque se trata do primeiro dos grandes traballos do xenio Saul Bass do que esperamos xa teñades algo de idea e segundo porque marcaron o inicio dos títulos de crédito como secuencias de obertura independentes ao film elaboradas íntegramente polo propio deseñador, é dicir, a figura do realizador (neste caso Hitchcock)deposita a súa confianza no deseñador para introducir o seu film ( a dieferenza doutros films como "Sabotaje" que puxemos na clase elaborado polo propio realizador). Outro punto de inflexión en Vértigo e o concepto que engloba os títulos de Bass. Toda a película aparece reflexada no film: a idea do abismo que nace e morre no ollo, a espiral como figura que simboliza o vértigo e como movemento cicular en consonacia coa xeometría do filme... Todo isto fai que os títulos desta longametraxe sexan considerados unha obra de arte e sometidos a estudo.
Iso por un lado, por outro queremos dicir con relación ao orfanato que na actualidade hai unha continua copia común duns deseñadores sobre outros e ao final de contas imos baixando escalóns que nos levan sempre a Bass. É por iso que os analistas consideras os títulos de crédito deste filme e de outros moitos coma un plaxio dos de Vértigo. (intentarei enviarvos o video dos créditos xa que o que puxestes non é).
Para finalizar vou responder a Coucheiro.
Lamento que non quedara claro na exposición pero intentamos explicar a diferencia existente entre os títulos sobreimpresionados e a secuencia de obertura. Os títulos de Seven por exemplo constituen unha secuencia de obertura realizada íntegramente polo deseñador despois das diversas reunións cos equipos de márketing e co realizador para presentar o ton e a temática do film.
As sobreimpresións son esos títulos nos que simplemente aparece a tipografía nunha secuencia do film que están menos elaborados e teñen un menor presuposto. O deseñador non inflúe en ningún momento no desenrolo da secuencia posto que esa secuencia xa forma parte do filme e está pensada polo director. Neste caso o deseñador ten pouco que dicir, máis ven a súa capacidade creativa se limita a decidir a tipografía empregada. É o caso do exemplo que vos podes Road to perdición ou por exemplo da película que vimos en xéneros Tierra y Libertad.
Esquecíaseme
ResponderEliminarA tipografía wanted ligouse ao western dende os seus comezos.O único que se sabe e que este tipo de grafía estaba ligada ao circo do século XIX. Chegouse a conclusión de que este tipo de letra era o que mellor se adecuaba ao films do oeste pero tampouco temos coñecemento de que os levou a esta conclusión.
O que si sabemos, como nos amosaron as tres en punto, é que este tipo de tipografía asociámola directamente con este xénero cinematográfico
si señor, moitas gracias polas estupendas aclaracións e que a marea vos encha o bote!
ResponderEliminar