miércoles, 9 de diciembre de 2009

festa da Comunicacion Visual

Xa sabemos que con un pouco de demora, pero aquí estamos. Hoxe tócanos comentar a exposición sobre a comunicación visual. Quedounos, polo menos pola miña parte, moi claro que é moi importante a elección da cor, e que para iso hai unha paleta de cores. As cores chamativas case nunca funcionan para unha páxina. Ademais das cores, tamén é moi importante a textura.

Tamén quedou remarcado o feito de que a páxina debe ser un todo, de xeito que se suprimes algo, se modifique todo o significado.

Quizais a exposición no foi todo o acertada que debía, pero recoñecemos que era un tema moi amplo polo que algunhas cuestións tiñan que ser tratadas moi superficialmente.

O noso grupo, ten unha dúbida sobre un concepto, o problema e que o anotamos e esquecemos onde... agradeceríamos a ese grupo que colgase o seu traballo para poder acceder a ese concepto e así despois poderlle preguntar polo seu significado.

1 comentario:

  1. aquí falta a resposta do grupo. A falta de interacción entre todos a través das bitácoras é un problema, un problemón...
    marotlo

    ResponderEliminar

PARRAFEOS