pareceunos que o tema se podía explotar un pouquiño máis, sen embrago a exposición foi clara e moi productiva. tocáronse puntos moi importantes que debemos ter presentes á hora de crear a nosa páxina web e que moitas veces pasamos por alto (doado de atopar, desexos do usuario...).
en canto a segunda, foi realmente dinámica e entretida, entre outras cousas debido a que é un aspecto co que case todos nos sentimos moi relacionados. quizais foi un tanto superficial pero creo que o tema, por unha parte, tamén o é. botamos en falta unha, tan sequera, mínima alusión ó aspecto da legalidade destas páxinas e ó tratamento da información, como xa vos propuxeramos anteriormente no blog cando nos pedirades axuda.
por outra banda, e posto que marita nos dixo de comentar un pouco que tipos de redes empregabamos, direi (agora xa como patricia coucheiro), que eu , persoalmente, tratei de borrar a miña conta de tuenti e, con moito esforzo, logrei desligarme desto que o grupo chamou ferramenta de comunicacion (hai xente que non se entera das cenas de clase); comunidade (elimínase o camiño de coñecer ao outro, como se vai crear unha union); e cooperación (supoño que se refirirá ó tema de "todos con marta del castillo", en fin).
destacar o tema de redes sociales de empresa, non recordamos exactamente cal era o nome, como algo realmente util e, supoño que, unha rede social é outro servicio máis á sociedade pero eu creo que se o cor azul se asocia coa relaxación, mellor sería ir dar un paseo).
miércoles, 9 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Nestes casos é útil precisar cales son os contidos que faltan ou aspectos que serían necesarios para completar a exposición. Na medida en que comentades cales son as redes que utilizades xa contades o porque do seu uso e porque interesa pertencer a unha rede social. Son cuestións que definen certos intereses que son identificadores de xeneracións.
ResponderEliminarmarotlo